2-Xullo-2015

Clece Care Services lanza o seu novo sitio web

  • O novo sitio facilita a navegabilidade e está totalmente adaptado aos distintos dispositivos móbiles.
  • O web serve de canle directa cos futuros empregados da compañía ao ofrecer un acceso ao micrositio coas ofertas de emprego.

Madrid, xuño 2015. Clece Care Services, empresa filial de Clece no Reino Unido dedicada aos servizos sociais, acaba de lanzar o seu novo sitio web, www.clececare.co.uk, totalmente adaptado aos distintos dispositivos móbiles, cun deseño renovado que facilita a navegabilidade, máis acorde ao gusto dos usuarios británicos. Desta forma, o web é máis visual, dando maior protagonismo ás imaxes, e dunha ollada pódese acceder á información principal sobre a empresa e os servizos sociais que ofrece, ademais de contar cun acceso directo ao micrositio coas ofertas de emprego dispoñibles. O novo sitio web tamén inclúe unha sección onde os usuarios de Clece Care Services dan o seu testemuño, e outra con novas relevantes.

A renovada web quere servir de canle directa cos futuros empregados da compañía, para o que conta cun acceso ao micrositio onde se publican as ofertas de emprego, facilitando así a recepción de candidaturas por este medio. O sitio tamén facilita o contacto con Clece Care Services aos posibles solicitantes dos seus servizos.

Por último, tamén é posible acceder directamente dende o web ás redes sociais de Clece Care Services, nas que se pode estar ao tanto das últimas novas e oportunidades de emprego.

Dende 2013, Clece Care Services proporciona distintos servizos de axuda a domicilio no Reino Unido a persoas con diferentes necesidades.

ACTUALIDAD

Últimas noticias

Clece conmemora con numerosas actividades o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.

Declaración oficial sobre a información publicada respecto ao servizo no Palacio Real

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.

ADRA CELEBRA EN GRANDE O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.