Como parte do noso compromiso coa contorna, a través de Talher xestionamos servizos de limpeza viaria e de residuos domiciliarios para garantir o mantemento das cidades e o coidado do medio natural.
O noso servizo de limpeza viaria optimiza os esforzos e recursos segundo as necesidades en cada zona de actuación e peculiaridades de cada núcleo urbano (verán, caída da folla etc.), todo iso con discreción, evitando impactos e molestias para os seus habitantes.
Contamos cun amplo equipo de operarios que se encargan do varrido manual e o mantemento das rúas, así como de equipamento e maquinaria de limpeza para varrido mecánico, baldeo mixto ou mecanizado.
Talher tamén se encarga da recolección, transporte, procesamento, xestión de puntos limpos e tratamento dos materiais de refugallo cumprindo os máis esixentes estándares e normativas ambientais e minimizando calquera efecto que poida ser prexudicial para a saúde e a contorna.