![FINALISTAS DA III EDICIÓN DOS PREMIOS COMPROMISO](https://clece.es/wp-content/uploads/2017/10/premios-compromiso-clece-social.jpg)
FINALISTAS DA III EDICIÓN DOS PREMIOS COMPROMISO
Clece Social, o proxecto social de Clece, dá a coñecer os finalistas da III Edición dos Premios Compromiso, galardóns que buscan recoñecer e impulsar iniciativas sociais de axuda a colectivos desfavorecidos. A diferenza das edicións anteriores, esta vez os premios convocáronse a nivel estatal e están centrados nunha problemática concreta: a violencia de xénero.
Os finalistas por categorías son os seguintes:
Premio ao Mellor Proxecto Social relacionado con mulleres vítimas da violencia de xénero realizado por entidades sen ánimo de lucro. Dos seis finalistas premiaranse tres proxectos sociais.
- Hilos Violeta. Asociación de mulleres La Rondilla. Valladolid
- Atención e intervención integral en fillos menores de nais VVG. Asociación Deméter pola Igualdade. Málaga
- Mirada en violeta. Candelita. Madrid
- Punto de encontro familiar con perspectiva de xénero. Asociación Domitila Hernández. Tenerife
- Integración sociolaboral de mulleres VVG. Fundación ARED. Barcelona
- Dona Impuls. Fundación Novafeina. Quart de Poblet (Valencia)
Premio ao autor ou autora do Mellor Traballo Xornalístico relacionado coa violencia de xénero. Dos tres finalistas premiarase un traballo xornalístico.
- Laura Gutiérrez. Diario Médico.
- Arturo Checa. Las Provincias.
- Chelo Tuya. El Comercio.
Os gañadores da III Edición dos Premios Compromiso daranse a coñecer o próximo 7 de novembro na gala que se celebrará en Teatros del Canal de Madrid. Ademais das dúas candidaturas a concurso, concédese un premio especial do xurado á personalidade máis relevante na loita contra a violencia de xénero, que será seleccionada polo xurado.
O xurado da III Edición está integrado por destacadas personalidades do mundo institucional e da sociedade civil relacionados coa loita contra a violencia de xénero: María José Ordóñez, delegada do Goberno para a violencia de xénero; Lucía del Carmen Cerón, directora do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades; Ángeles Carmona, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero; Marta Ariño, conselleira delegada de G+J España; Luis Lorente, director de cine e guionista, director da película Rotas; Fernando Grande-Marlaska, xuíz; Gemma Nierga¸ xornalista, e Cristóbal Valderas, presidente de Clece.