9-Abril-2014

Clece celebra en Canarias dúas xornadas para sensibilizar os seus empregados sobre a inserción laboral de colectivos desfavorecidos

Madrid, abril de 2014. Clece celebrou na Dirección Rexional de Canarias dúas xornadas dirixidas a xefes de servizo e encargados co obxectivo de sensibilizar o seu propio equipo sobre a inserción laboral de colectivos desfavorecidos.

As xornadas celebráronse en Tenerife e Las Palmas de Gran Canaria e contaron coa colaboración de entidades como Cruz Vermella, FSC Inserta e a Unidade de Violencia de Xénero do Cabido de Tenerife, encargadas dos diferentes relatorios aos 29 traballadores participantes na iniciativa.

Con estas xornadas, Clece implica os seus mandos medios con responsabilidade directa na contratación na necesidade de favorecer a inserción laboral daquelas persoas que, pola súa situación social, teñan especiais dificultades para acceder ao mercado de traballo. Trátase dunha iniciativa de concienciación que se enmarca no compromiso social de Clece, dirixido a fomentar a igualdade de oportunidades laborais para persoas procedentes de colectivos vulnerables, como persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social ou vítimas da violencia sexista. É, en definitiva, un gran obxectivo que comeza polo propio cadro de persoal, para o que Clece organiza periodicamente distintas accións de sensibilización.

ACTUALIDAD

Últimas noticias

Clece conmemora con numerosas actividades o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.

Declaración oficial sobre a información publicada respecto ao servizo no Palacio Real

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.

ADRA CELEBRA EN GRANDE O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.