28-Xuño-2015

Clece recibe o premio «Maiores do Ano» polo seu servizo de axuda a domicilio en Granada

  • O Concello de Granada outorgou este galardón con motivo do 10.º aniversario de Clece prestando este servizo.
  • 1800 auxiliares atenderon máis de 10 000 persoas nestes dez anos.

Granada, maio 2015. Clece recibiu o premio «Maiores do Ano» outorgado polo Concello de Granada con motivo dos seus dez anos prestando o servizo de axuda domiciliaria na cidade, para o que até o momento traballaron 1800 auxiliares atendendo máis de 10 000 persoas.

O pasado 24 de abril, o alcalde de Granada, José Torres Hurtado, entregou a Clece este premio co gallo da celebración da XIX Convivencia de Persoas Maiores Granadinas, que reuniu preto de 2000 persoas maiores da cidade da Alhambra que puideron gozar de distintas actividades de lecer e entretemento.

A profesionalidade e agarimo con que os profesionais de Clece atenderon persoas maiores, persoas con discapacidade física ou psíquica, menores e persoas en risco de exclusión social foron, sen dúbida, os principais motivos polos que a empresa recibiu este premio. Na actualidade, o servizo de axuda a domicilio está presente en 1800 fogares da capital granadina. Entre os servizos prestados por estes profesionais atópanse o aseo persoal e mantemento da vivenda, a preparación de alimentos, a axuda á adquisición de habilidades, capacidades e hábitos, e o acompañamento ao médico.

Para José Antonio Ruíz Martínez, xerente de Clece en Granada, este premio supón «un recoñecemento ao labor dos 1800 auxiliares que, cunha gran vocación, coidaron e atenderon máis de 10 000 persoas durante este dez anos». «Os nosos auxiliares seguirán traballando e esforzándose, día a día, por conseguir eses pequenos premios diarios no sorriso e as palabras daquelas persoas que dependen de nós e que nos demostran o seu agradecemento e agarimo», engade.

En toda España, Clece presta servizos de axuda domiciliaria a preto de 70 000 persoas, ademais de atender máis de 16 000 persoas maiores en residencias, en centros de día ou por medio do servizo de teleasistencia.
 

ACTUALIDAD

Últimas noticias

Clece conmemora con numerosas actividades o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.

Declaración oficial sobre a información publicada respecto ao servizo no Palacio Real

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.

ADRA CELEBRA EN GRANDE O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.