21-Xullo-2015

Clece obtén a adxudicación da explotación publicitaria do intercambiador da avenida de América

Madrid, 22 de xullo 2015. Dende o pasado 1 de xullo, a empresa Clece Out Of Home (OOH) encárgase da explotación publicitaria do intercambiador da avenida de América, un dos nós de transporte máis transitados de Madrid.

Concretamente, Clece OOH dispón na avenida de América dun completo circuíto dixital que consta de 110 pantallas situadas nas dársenas e nas zonas de espera. «O tempo medio de permanencia dos viaxeiros nestes espazos adoita roldar os 10 minutos, unha espera que de certo se fará máis entretida grazas á difusión e visualización de mensaxes publicitarias atractivas, ademais da comunicación de mensaxes e información que poida ser de utilidade para os usuarios dos medios de transporte», explica Concha Machín, xerente de Clece OOH.

Con este proxecto, Clece consolídase no sector da publicidade exterior nos principais intercambiadores da capital ao incorporar o da avenida de América a outros que a empresa xa xestionaba, como praza Castilla e Príncipe Pío. Neles, Clece OOH ofrece soportes de gran formato, convencionais e dixitais que permiten achegar información de axuda aos viaxeiros e contribúen a unha maior visibilidade e alcance das campañas publicitarias de anunciantes e marcas.

Os intercambiadores son espazos de grande interese publicitario situados en zonas estratéxicas da cidade onde conflúe un gran número de público nun mesmo espazo, entre os viaxeiros procedentes de distintos medios de transporte (metro, autobuses, Renfe…) e as persoas que pasan pola rúa.
 

ACTUALIDAD

Últimas noticias

Clece conmemora con numerosas actividades o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.

Declaración oficial sobre a información publicada respecto ao servizo no Palacio Real

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.

ADRA CELEBRA EN GRANDE O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.