9-Decembro-2015

Adxudicado o servizo de persoas con mobilidade reducida do Aeroporto de Luton no Reino Unido

  • Segundo contrato de servizos aeroportuarios no Reino Unido, onde dende 2014 opera no aeroporto de Belfast City.

Madrid, 1 de novembro de 2015. Clece Care Services, CCS, filial do Grupo Clece no Reino Unido, foi a adxudicataria do servizo de persoas con mobilidade reducida (PMR) do aeroporto británico de Luton. O servizo arrinca con data 1 de novembro por un período de execución de 5 anos.

A adxudicación supón prestar este servizo no quinto aeroporto en volume de pasaxeiros do Reino Unido, atendendo as persoas con mobilidade reducida durante a saída ou nos tránsitos e conexións. Deste xeito, CCS acompaña o usuario dende a súa recolleita no punto de encontro á facturación e ao control de seguridade, até o seu embarque. 

Para gañar este contrato, CCS tivo que demostrar que cumpre cos estándares de calidade marcados polo xestor aeroportuario e as principais compañías aéreas. Así mesmo, na adxudicación «tamén foi clave contar cun equipo multidisciplinar, que permitiu facer unha boa análise operativa e económica. Outros factores favorables foron a solvencia nos ámbitos financeiro e operativo, así como un importante coñecemento local. A solidez do noso proxecto social foi igualmente moi valorado no concurso», explica Mario Abajo, director de Servizos Aeroportuarios de Clece. 

Trátase do segundo contrato para a prestación deste servizo no Reino Unido trala adxudicación en 2014 do servizo de atención a persoas con mobilidade reducida no aeroporto de Belfast City, en Irlanda do Norte, polo que CCS atendeu o pasado ano  9447 usuarios.

ACTUALIDAD

Últimas noticias

Clece conmemora con numerosas actividades o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.

Declaración oficial sobre a información publicada respecto ao servizo no Palacio Real

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.

ADRA CELEBRA EN GRANDE O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.