Quen somos
En 1992 nacía Clece, un proxecto ilusionante que buscaba ofrecer servizos de calidade a empresas e institucións. Hoxe ese proxecto é unha gran realidade, pero coa mesma ilusión, a de máis de 79 000 persoas que forman parte da compañía en España, Portugal e o Reino Unido, e que a través de múltiples servizos traballan para mellorar a calidade de vida de máis de 1 millón de persoas, manter e facer máis eficientes os nosos edificios, e coidar e protexer a contorna, xa sexan as nosas cidades ou o noso patrimonio natural.
Ler máis
MISIÓN, VISIÓN e VALORES
A misión, visión e os valores de Clece son a base sobre a que traballamos cada día. Esta base permítenos chegar a ser un referente de calidade, realizando unha xestión eficiente e profesional dos servizos, á vez que nos permite impulsar, por medio do noso proxecto social, a inclusión de colectivos socialmente vulnerables, mantendo ademais en todo momento a transparencia e o cumprimento legal na xestión das nosas actividades e servizos.
Carta do presidente
Ler máis
Clece en cifras
Ver máis
Sistema integrado de xestión
Clece aposta por un sistema integrado de xestión que busca, en todos os niveis da organización, a optimización e a mellora continua na calidade, o desempeño ambiental, a saúde dos traballadores e a seguridade da información.
Un modelo avalado polas certificacións máis recoñecidas do mercado:
Calidade
ISO 9001
Medio ambiente
ISO 14001
Innovación
UNE 166002
Seguridade da información
ISO 27001
Seguridade alimentaria
ISO 22000
Ver máis
Centro especial de emprego
Integra CEE é o noso centro especial de emprego. Naceu en 2001 coa finalidade de promover a inclusión sociolaboral de persoas con diversidade física, psíquica ou sensorial, traballando man a man xunto a empresas privadas e organismos públicos.