A meirande parte das nosas habilidades baséase nas aprendizaxes realizadas nos primeiros anos de vida. A educación dos nosos fillos neste período constitúe unha base fundamental para o seu posterior desenvolvemento físico e mental.
Conscientes da importancia do papel dos servizos educativos públicos na etapa infantil, en Clece coidamos dos máis cativos para lograr o seu completo desenvolvemento realizando un labor complementario ao dos pais e nais, e ofrecéndolles servizos que axuden a conciliar a vida persoal, familiar e laboral. O noso gran obxectivo: a felicidade dos nenos.
Os nosos servizos educativos inclúen proxectos bilingües e trilingües, e incorporan novas tecnoloxías nas aulas. Ademais, contan con dobre certificación en calidade (ISO 9001) e medio ambiente (ISO 14001).
Para máis información: www.koalaescuelas.es