Coas persoas máis vulnerables
Os maiores, as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, e as vítimas da violencia de xénero son algúns dos colectivos máis vulnerables da nosa sociedade. Son persoas que requiren de servizos e coidados moi específicos para promover o seu desenvolvemento, integración e autonomía e, en definitiva, mellorar a súa calidade de vida.
Con este obxectivo, Clece presta o servizo da axuda no domicilio a máis de 86 000 persoas e está presente en 145 residencias e 92 centros de día, proporcionando coidados específicos e adaptados a cada necesidade a máis de 16 000 persoas. Así mesmo, traballa en 132 centros de atención á discapacidade, de menores en risco de exclusión, de protección á muller e de persoas sen fogar, centros onde atende máis de 5 500 persoas destes colectivos grazas ao labor e vocación dos seus máis de 1 200 profesionais, entre os que se inclúen profesionais nas áreas de fisioterapia, enfermaría, nutrición, psicoloxía, traballo social, terapia ocupacional etc.