compromiso_clece

Persoas

En 1992 nacía Clece, un proxecto ilusionante que buscaba ofrecer servizos de calidade a empresas e institucións. Hoxe ese proxecto é unha gran realidade, pero coa mesma ilusión, a de máis de 70 000 persoas que forman parte da compañía en España e Portugal, e que a través de múltiples servizos traballan para mellorar a calidade de vida de máis de 1 millón de persoas, manter e facer máis eficientes os nosos edificios, e coidar e protexer a contorna, xa sexan as nosas cidades ou o noso patrimonio natural.

Calidade

Clece aposta por un sistema integrado de xestión que busca, en todos os niveis da organización, a optimización e a mellora continuas na calidade, o desempeño ambiental, a saúde dos traballadores e a seguridade da información.

Un modelo avalado polas certificacións máis recoñecidas do mercado:

Calidade

ISO 9001

Medio ambiente

ISO 14001

Prevención

OHSAS 18001

Seguridade da información

ISO 27001

Ver política de xestión

Innovación

A innovación é un elemento fundamental na estratexia de Clece. A nosa política de I+D+i está orientada aos usuarios e clientes dos servizos que prestamos. O fin é que poidan beneficiarse de máis e mellores servizos, de maior valor engadido, máis flexibilidade e máxima calidade.

Ética. Código xeral de conduta

Un factor decisivo na evolución de Clece foi asumir os valores de integridade e responsabilidade na actividade diaria, principios que comparten todos os empregados e que veñen recollidos no noso Código xeral de conduta.