O proxecto social de Clece, Premio Senda á iniciativa innovadora
- O sitio web de Clece Social foi recoñecido pola súa áxil estrutura que permite sensibilizar a sociedade sobre a realidade das persoas maiores.
- A Raíña Sofía presidiu a entrega dos premios, celebrada en Madrid.
Madrid, xullo de 2015. O proxecto social de Clece recibiu o Premio Senda 2015 na categoría de iniciativa innovadora grazas ao seu compromiso coa sensibilización sobre os problemas que atinxen o colectivo de persoas maiores por medio do seu sitio web www.clecesocial.es.
Neste proxecto en liña, lanzado hai tan só cinco meses, centralizouse o importante labor social de Clece, dotándoo de maiores recursos e estrutura, e todo cun dobre obxectivo: facilitar o fluxo de información sobre as distintas actuacións da empresa en relación co seu compromiso con distintos colectivos desfavorecidos, como o de persoas maiores, e lograr achegar á sociedade esta actividade a través de historias de persoas que forman parte da contorna de Clece.
Desta forma, o web de Clece Social foi recoñecido con este premio por contar cunha efectiva e innovadora estrutura que permite identificar esas historias, coñecelas de primeira man e obter toda a información necesaria para presentalas á sociedade dunha maneira próxima. Así, este proxecto conseguiu que un equipo de delegados sociais, xunto a outro de edición e produción, traballen xuntos dunha maneira áxil dando forma a esas historias a través dun xestor de contidos.
O sitio web de Clece Social conta xa con 53 historias publicadas, 16 delas sobre o colectivo de persoas maiores, e acadou máis de 14 000 páxinas vistas até o momento.
Para Cristóbal Valderas, presidente de Clece, «este premio supón un recoñecemento moi importante ao noso proxecto social, no que día a día apoiamos e axudamos colectivos desfavorecidos, como o das persoas maiores, grazas ao traballo diario do noso persoal e a través dun intenso labor de sensibilización mediante ferramentas como o web de Clece Social».