Asociacións e xornalistas finalistas nos IV Premios Compromiso contra a violencia de xénero
Clece Social, o proxecto social de Clece, deu a coñecer os finalistas nas categorías de Mellor Proxecto Social e Mellor Traballo Xornalístico da IV edición dos Premios Compromiso. Os galardóns recoñecen iniciativas destacadas na loita contra a violencia de xénero, con especial atención ao ámbito da integración laboral.
Mellor Proxecto Social
Os sete proxectos realizados por entidades sen ánimo de lucro que optan ao tres galardóns concedidos na categoría de Mellor Proxecto Social, dotados cada un con 10 000 euros, son:
- «Entamar» da Fundación Mulleres, en Xixón
- Programa Emprego Muller de Castela e León (PEMCYL) da Fundación Santa María La Real, en Aguilar de Campoo (Palencia).
- «Blíster, píldoras del conocimiento» da Asociación de Xovenes Emprendedores de Lugo (AXEL).
- «Itinerarios: programa de Inserción Laboral» de El Safareig, en Cerdanyola del Vallès (Barcelona).
- «Una nueva oportunidad» da Fundación Randstad, en Madrid.
- «Abrindo puertas» da Asociación ACOVA, en Valencia.
- Itinerarios integrados de inserción sociolaboral con vítimas da violencia de xénero da Fundación Don Bosco, nas Palmas de Gran Canaria, Badaxoz e Córdoba.
Mellor Traballo Xornalístico
As catro candidaturas que optan ao premio concedido na categoría de Mellor Traballo Xornalístico, dotado con 7000 euros, son as presentadas por:
- Cynthia Alonso de La Gaceta de Salamanca
- María Antonia Cantallops de El Mundo / El Día de Baleares
- Marisa Kohan de Público.
- Carla Pina de Yo Dona.
Os gañadores da IV edición dos Premios Compromiso coñeceranse o próximo 20 de novembro na gala que se celebrará nos Teatros del Canal de Madrid. Ademais das dúas candidaturas a concurso concederase un premio á iniciativa de sensibilización máis salientable do ano en materia de violencia sexista e un recoñecemento especial mediante un galardón acreditativo á asociación que máis colabore con Clece na integración laboral das vítimas da violencia de xénero.