Clece leva a cabo diversos proxectos tanto no ámbito local como no nacional. O denominador común en todos eles é pór as persoas no centro promovendo a inclusión laboral e organizando actividades que favorecen a persoas usuarias dos servizos que presta a compañía ou ao propio cadro de persoal.
Sueños y deseos (Soños e desexos)
Cumprir aquilo co que sempre se soñou ou con certos anhelos é o que ofreceron Clece e as súas filiais a persoas usuarias do Servizo de Axuda a Domicilio e de residencias de numerosas rexións de España.
Clece emplea (Clece emprega)
Todos os anos, Clece celebra un proceso de selección masivo en liña, que está dirixido a persoas en situación de vulnerabilidade para cubrir postos de traballo en toda España e que non sería posible sen a colaboración das entidades do terceiro sector.
Ruta del empleo (Ruta do emprego)
Cada ano Clece pon en marcha un autobús convertido en oficina de selección itinerante para promover a inclusión laboral de colectivos desfavorecidos durante o seu percorrido por municipios pouco poboados da nosa xeografía.
Clece Match
Un proceso de selección de talento mozo a nivel nacional que busca incorporar enxeñeiros e enxeñeiras ao persoal de Clece para dirixir e xestionar diferentes servizos que presta a compañía en sectores moi diversos (mantemento, servizos sociais, etc.)
Cuidado en Red (Coidado en rede)
Como empresa comprometida coa saúde mental, Clece pon a disposición dos cadros de persoal de determinadas actividades un servizo gratuíto de apoio psicolóxico por vía telefónica, prestado por expertos na materia, para contribuír ao seu equilibrio emocional.
Saboreando Recuerdos (Saboreando lembranzas)
Unha homenaxe ás persoas maiores coa que recuperamos sabores e lembranzas do pasado. Nesta web de receitas en vídeo, distintas persoas usuarias de residencias, centros de día e servizos de axuda a domicilio xestionados por Clece ponse ao mando dos fogóns para cociñar pratos tradicionais a carón de chefs españois de recoñecido prestixio.