
Premios Compromiso
Co obxectivo de promover a integración social e recoñecer o labor fundamental de moitas entidades sociais, o Grupo Clece promove e patrocina os Premios Compromiso.
Estes galardóns buscan recoñecer o labor, a escala rexional, de diferentes entidades sociais e organizacións sen ánimo de lucro en temas relacionados coa axuda a persoas maiores e a integración de persoas con discapacidade, mulleres que sofren violencia de xénero e persoas en risco de exclusión social.

Foros pola integración
Tan importante como dar solución aos problemas dun colectivo é facelos visibles: o que non se coñece non existe. Con esta visión, Clece Social promove e organiza xornadas para facer visibles os problemas que afrontan colectivos desfavorecidos, encontros onde eles son os protagonistas.
- I Foro pola Integración «Barreiras á contratación de persoas con discapacidade» (Madrid)
- II Foro pola Integración «Hai saída á violencia de xénero» (Valencia)
- III Foro pola Integración «Un emprego para cambiar unha vida» (As Palmas de Gran Canaria)
- IV Foro pola Integración «Empregando o talento» (Valladolid)
- V Foro pola Integración «Capaces de superarse» (Málaga)
- VI Foro pola Integración «Emprego, unha porta á integración» (Palma de Mallorca)
- VII Foro pola Integración «Unha ponte cara ao emprego» (Zaragoza)
- VIII Foro pola Integración «Falamos de inclusión laboral?» (Santander)