COÑÉCENOS

III Premios Compromiso (Nacional)

EDICIÓN III. 2017

O obxecto desta III edición a nivel estatal é destacar os mellores proxectos de entidades sociais, premiar o mellor traballo xornalístico e galardoar a personalidade máis relevante relacionada coa loita contra a violencia de xénero.

XURADO

Presidente do xurado

Luis Lorente

Director de cine e guionista, e director da película Rotas.

Vocales

Maria José Ordóñez

Delegada do Goberno para a Violencia de Xénero.

Lucía del Carmen Cerón Hernández

Directora do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades.

Ángeles Carmona Vergara


Presidenta del Observatorio contra la violencia doméstica y de Género.

Marta Ariño Barrera

Conselleira delegada de G+J España.

Fernando Grande-Marlaska

Xuíz.

Gemma Nierga

Xornalista.

Cristóbal Valderas Alvarado

Presidente de Clece.

Gañadores

Os gañadores da terceira edición dos Premios Compromiso foron:

Premio 'Mellor proxecto social'
Asociación Deméter pola igualdade, de Málaga Polo seu proxecto:
«Atención e intervención integral en fillos menores de nais vítimas da violencia de xénero»

Obxectivo: O programa busca empoderar as nais na súa función de educadoras e paliar as consecuencias derivadas da exposición á violencia de xénero nas nais e nos menores.

Beneficiarias: Anualmente atende unha media de 240 usuarias.

www.asociaciondemeter.org

Fundación ARED para a reinserción de mulleres, de Barcelona Polo seu proxecto:
«Integración sociolaboral de mulleres vítimas da violencia de xénero»

Obxectivo: O programa busca mellorar a autonomía persoal, profesional e económica das mulleres atendidas, así como acadar a integración laboral.

Beneficiarias: Conta con 25 beneficiarias directas que viven en situacións de pobreza e exclusión social.

www.fundacioared.org

Fundación Nova Feina, de Valencia Polo seu proxecto:
“Dona Impuls”

Obxectivo: dirixido a mellorar a empregabilidade das vítimas con accións de orientación sociolaboral, apoio e acompañamento no proceso de procura activa de emprego.

Beneficiarias: O programa conta con 15 beneficiarias maiores de 18 anos e presta especial atención ás mulleres maiores de 45 anos nas que a idade supón unha maior dificultade de acceso ao mercado laboral.

www.novafeina.org

Chelo Tuya
Xornalista de “El Comercio”

Labor: Polas reportaxes realizadas durante unha semana para o especial #cuestiondetod@s publicado con motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero en 2016 no diario asturiano.

www.elcomercio.es

Arturo Checa
Xornalista de “Las Provincias”
Carmen Quintanilla Barba
Presidenta de "Afammer"

Pola súa experiencia e firme compromiso coas vítimas e os temas sociais. A súa loita constante e incansable contra a violencia de xénero foi recoñecida en numerosas ocasións, entre outros, co Premio do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en 2014 ou o Premio Menina da Delegación do Goberno de España en Andalucía en 2014

Icíar Bollaín
Directora de cine

Labor: Por representar o potencial da cultura e do cine para visibilizar e xerar debate sobre problemas sociais como a violencia de xénero.

Agencia EFE
Sección Sociedade

Labor: Polo traballo en equipo e compromiso persoal na sensibilización sobre violencia de xénero. Durante o último ano, o labor xornalístico da Sección de Sociedade supuxo a difusión de preto de 900 informacións en que se reflicten todas as perspectivas do problema con rigor e profesionalidade.

www.efe.com