Quen somos
Líderes en servizos esenciais
Cunha traxectoria de máis de 30 anos e presenza en España, Portugal e Reino Unido, Clece converteuse en todo un referente do sector das empresas que traballan coa Administración Pública, xestionando de xeito eficaz servizos imprescindibles para o bo funcionamento da sociedade.
Este é o caso, por exemplo, dos servizos sociais, onde destacan sobre todo os coidados ás persoas maiores e dependentes tanto en centros residenciais como nas súas propias casas, mediante a axuda a domicilio e a teleasistencia. Ademais, Clece presta servizos de limpeza, seguridade e mantemento en hospitais, aeroportos, universidades, colexios e escolas infantís, entre outros edificios e infraestruturas públicas.
O carácter multilocal de Clece contribúe ao acceso universal destes servizos esenciais, garantindo a súa prestación en calquera lugar, mesmo en zonas rurais, ou en territorios da chamada España despoboada.
+ de 5.300
CLIENTES
+ de 1,5 millones
PERSOAS USUARIAS
Vídeo corporativo

CRONOLOXÍA
MODELO DE XESTIÓN SOCIAL

Conscientes de que as compañías da nosa magnitude teñen unha gran capacidade para repercutir de maneira positiva na contorna que nos rodea, en Clece desempeñamos a nosa actividade cun firme propósito: deixar á sociedade un legado que debe transcender o meramente financeiro.
Con este obxectivo en mente, o noso persoal está dedicado á prestación de servizos esenciais mediante un modelo de xestión que combina con éxito a rendibilidade dun compromiso social que se traduce nun impacto real e tanxible na cidadanía.
A aplicación dese compromiso social á nosa actividade diaria contribúe a construír un futuro mellor e a xerar unha sociedade máis xusta e inclusiva por medio da igualdade de oportunidades.
Como se concreta ese impacto da actividade de Clece na sociedade?
- Por unha banda, contamos cun Proxecto Social entendido como un compromiso inherente á nosa orixe e desenvolvemento. O alicerce fundamental deste proxecto social é a inclusión laboral de persoas procedentes de colectivos desfavorecidos: mulleres que sufriron violencia de xénero, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, persoas novas con dificultades para atopar o seu primeiro emprego e moitas outras persoas para as que un traballo supuxo a oportunidade que buscaban para iniciar unha nova vida.
- Por outra banda, durante os últimos anos impulsamos a vertente social da nosa actividade coa prestación de coidados a persoas maiores e dependentes e con servizos de atención a mulleres que sufriron violencia de xénero e persoas en situación de emerxencia social. Trátase de servizos esenciais que teñen por obxectivo reforzar o noso papel como servidores públicos.
Consulta a nosa estratexia de sostibilidade social: