Sectores

Innovación e sostibilidade ao servizo dos nosos clientes

En Clece achegamos un valor engadido á actividade dos nosos clientes, tanto públicos como privados, mediante o desenvolvemento de servizos especializados de calidade que impulsan a súa capacidade de innovación e a sostibilidade do seu negocio, á vez que incrementan a súa eficiencia. Isto é posible grazas á profesionalidade dun equipo experto, cun alto coñecemento de cada sector no que operamos.

experiencia e a versatilidade únense nos nosos servizos, e isto permítenos adaptarnos ás necesidades de cada sector baixo a marca dunha empresa consolidada.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Contribuímos á xestión eficiente e profesional dunha ampla diversidade de servizos públicos, dende os relacionados co mantemento de espazos e edificios até prestacións sociais como a atención sociosanitaria ou a educación, colaborando estreitamente para tal fin coa administración estatal, autonómica e local. Primamos a calidade na xestión por medio dun equipo humano altamente cualificado.

SANITARIO

Somos unha compañía líder na prestación de servizos de limpeza, desinfección e mantemento de espazos sanitarios, como hospitais ou centros de saúde, nos que tamén ofrecemos servizos de vixilancia e loxística. Aválanos un grande equipo de expertos, apoiado no uso de tecnoloxía de vangarda, que proporciona a máxima seguridade a pacientes e profesionais.

SOCIAL

Coidamos dos colectivos máis vulnerables da nosa sociedade por medio da xestión de servizos esenciais como a axuda a domicilio, a teleasistencia, as residencias e os centros de día ou os centros de atención á discapacidade, de menores en risco de exclusión, de protección á muller e de persoas sen fogar. Procuramos unha atención individualizada para promover o seu desenvolvemento, integración e autonomía.

EMPRESARIAL

Ofrecemos recursos eficaces, flexibles e innovadores a grandes, medianas e pequenas empresas, servizos cos que buscamos a promoción dunha contorna laboral segura e cómoda, achegando un valor engadido á súa actividade diaria, mediante o desenvolvemento dunha gran variedade de servizos como mantemento, seguridade, loxística, limpeza e auxiliares.

INDUSTRIAL

Prestamos un amplo abano de servizos especializados a diferentes industrias, mesmo en sectores tan específicos como o farmacéutico, o alimentario ou o da automoción. Limpeza, loxística, seguridade, mantemento, auxiliares e enerxéticos son algúns deles e van dirixidos a cubrir as súas necesidades e a incrementar a produtividade do seu negocio.

TRANSPORTE E LOXÍSTICA

Fornecemos solucións innovadoras e sostibles para o bo funcionamento de diferentes infraestruturas de transporte terrestre e aéreo, tanto públicas como privadas, grazas aos nosos equipos de limpeza, seguridade ou mantemento. Destaca especialmente o noso labor integral como xestor aeroportuario en aeronaves e terminais.

MEDIOAMBIENTAL

Fornecemos servizos de conservación de zonas verdes e áreas de lecer en municipios e cidades co fin de manter e revalorizar o noso patrimonio. Estamos especializados, ademais, na xestión forestal dos nosos montes mediante a prevención e extinción de incendios e a preservación da biodiversidade, así como no desenvolvemento de accións de sensibilización medioambiental.

EDUCATIVO

Garantimos ambientes perfectamente acondicionados e confortables para toda a comunidade educativa. Mediante os nosos servizos de limpeza e mantemento, estamos presentes no día a día das familias, o estudantado e o profesorado. Convertémonos ademais nun referente na xestión integral de escolas infantís de 0 a 3 anos, valoradas pola integración de metodoloxías innovadoras de aprendizaxe.

CULTURAL E DEPORTIVO

Traballamos para grandes eventos culturais que se organizan en toda España, como festivais de música ou feiras, e tamén xestionamos centros deportivos en diferentes municipios do país. De maneira integral ou mediante servizos individualizados, Clece garante que estes grandes complexos estean sempre a punto, polo que se cobren funcións de mantemento, limpeza ou seguridade.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Innovación tecnolóxica e social

Os nosos servizos