Sistema integral de xestión
Optimización de procesos e organización
Clece logra a optimización dos procesos e da organización mediante un Sistema Integrado de Xestión que implica a mellora continua da calidade, da sostibilidade ambiental, da saúde dos traballadores e da seguridade da información.
O noso compromiso queda patente co recoñecemento por parte da Rede Española do Pacto Mundial da ONU, como socio prescritor na categoría Ouro do programa Contigo Somos+, para difundir un modelo de xestión sostible que garanta o cumprimento de responsabilidades fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.
CUMPRIMENTO PENAL, ANTISOBORNO E COMPETENCIA
Defendemos uns principios éticos que establecen unha tolerancia «cero» fronte a calquera delito ou incumprimento en materia de libre competencia, e que esixen levar a cabo esta directriz por parte de todos os membros da organización para logralo. Este cumprimento reflíctese no firme compromiso que adquirimos coa sociedade no seu conxunto e sobre todo coas persoas ás que prestamos servizos.



CALIDADE
Lograr a satisfacción dos nosos clientes internos e externos é un dos nosos obxectivos. Diriximos o noso traballo a satisfacer as súas expectativas e anticiparnos ás súas necesidades polo que obtemos moi bos resultados nas enquisas de satisfacción dos clientes.



Medio ambiente
Prestamos servizos ambientalmente sostibles. Aplicamos criterios que buscan mitigar ao máximo calquera impacto no ambiente co obxectivo de alcanzar a neutralidade climática, de acordo cos ODS 12 e 13 relacionados coa produción e o consumo sostibles, e coa acción polo clima. Utilizamos enerxía 100 % renovable na maioría das nosas oficinas, centros educativos e sociais, nos que asumimos o control enerxético.



Innovación
En Clece, a innovación é transversal a todas as áreas da compañía, un elemento que nos diferencia no mercado. CleceLab é a unidade que desenvolve os proxectos de innovación e está continuamente ao tanto das últimas tendencias para incorporalas tanto aos seus propios procesos como ás solucións que adapta á medida das necesidades de cada servizo. Por iso, Clece acada o recoñecemento dos seus clientes e sitúase como referente no sector.



SEGURIDADE DA INFORMACIÓN
Cumprimos firmemente co marco legal regulatorio e aplicable no que se desenvolven as nosas actividades. Para iso protexemos os sistemas de información da compañía e traballamos para garantir a autenticidade, confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e trazabilidade dos datos que manexamos, especialmente dos datos persoais, así como a información referida aos servizos ou ás instalacións nas que operamos.


SEGURIDADE ALIMENTARIA
Coidar a saúde e o benestar das persoas usuarias é o noso obxectivo fundamental. Por iso, buscamos unha alimentación segura, saudable e sostible. Aplicamos os principios máis rigorosos de seguridade alimentaria e nutrición. Empregamos procesos, materias primas e un equipamento técnico que garanten a consecución destes obxectivos.

Prevención
Crear unha contorna que garanta a saúde e a seguridade dos empregados é unha máxima en Clece. O Plan de Prevención da compañía identifica, avalía, controla e elimina os posibles riscos laborais actuando dende a orixe. Con iso preténdese acadar unha mellora continua no desempeño da seguridade e saúde no traballo minimizando a sinistralidade e incrementando o grao de satisfacción dos empregados.
Cumprimos coa lexislación e regulamentación vixente en materia de seguridade e saúde. Somos unha empresa certificada pola norma ISO 45001: Sistemas de xestión de seguridade e saúde no traballo, o que contribúe a mellorar o desempeño e a efectividade da seguridade e saúde no traballo e mostra o compromiso da súa responsabilidade corporativa.

Alicerces fundamentais de Clece en materia preventiva:
As persoas e a seguridade son o principal valor e non hai nada máis importante.
A seguridade é responsabilidade da dirección e debe ser asumida por cada empregado
A actividade preventiva debe proxectarse na planificación do traballo e nas condicións en que este se preste.
Calquera membro da compañía está obrigado a comunicar calquera situación de risco que poida xerar accidentes ou incidentes.
Calquera accidente pode ser evitado.
Se unha situación de perigo puidese derivar nun risco grave e inminente, calquera persoa empregada dispón da facultade de suspender a actividade até que ese risco estea controlado.
Políticas corporativas
Clece réxese por diversas políticas relacionadas cos alicerces estratéxicos sobre os que sustenta a súa actividade.