MISIÓN, VISIÓN e VALORES
A misión, visión e os valores de Clece son a base sobre a que traballamos cada día. Esta base permítenos chegar a ser un referente de calidade, realizando unha xestión eficiente e profesional dos servizos, á vez que nos permite impulsar, por medio do noso proxecto social, a inclusión de colectivos socialmente vulnerables, mantendo ademais en todo momento a transparencia e o cumprimento legal na xestión das nosas actividades e servizos.
MISIÓN
- Xestión eficiente e profesional dos servizos, buscando unha rendibilidade sustentable.
- Impulsar por medio do noso proxecto social a inclusión de colectivos socialmente vulnerables, como persoas en risco de exclusión social, persoas con diversidade funcional, vítimas de violencia de xénero e xente nova desempregada.
VISIÓN
Traballamos para:
- Ser líderes do sector e un referente de calidade no eido da prestación de servizos.
- Ter presente a innovación como elemento diferenciador no mercado.
- Contar con equipos interdisciplinares capaces de dar resposta ás necesidades dos usuarios.
- Mellorar a calidade de vida dos colectivos máis sensibles da nosa sociedade: maiores, crianzas, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social.
VALORES
- Promover o respecto e dignidade das persoas ás que prestamos algún tipo de atención social.
- Transparencia e cumprimento legal na xestión das nosas actividades e servizos.
- Velar pola confidencialidade dos datos persoais dos nosos clientes e usuarios.
- Traballar en equipo, con profesionalidade e motivación que nos permita mellorar cada día.
- Velar pola seguridade e saúde das persoas que integran o noso cadro de persoal.
- Fomentar o respecto e preservación do noso medio natural.