DECLARACIÓN DE IGUALDADE E RESPONSABILIDADE SOCIAL
Consciente de que a xestión empresarial ten que estar en consonancia coas necesidades e demandas da sociedade, Clece declara o seu compromiso coa igualdade efectiva entre mulleres e homes no seo da empresa e a aplicación efectiva de políticas para a consecución deste principio, dentro dos termos previstos na Lei orgánica 3/2007.
En todos e cada un dos ámbitos da empresa —desde as condicións de traballo, os servizos prestados ou a comunicación—, Clece asume a igualdade de trato e oportunidades sen discriminar directa nin indirectamente por razón de sexo.
Os principios enunciados lévanse á práctica por medio da elaboración e aplicación dun plan de igualdade na empresa e doutras medidas, como o establecemento de protocolos de prevención e actuación para casos de acoso laboral e sexual.
Dentro do seu proxecto social, Clece tamén traballa pola integración laboral no seu cadro de persoal de mulleres que sufriron violencia de xénero.
Somos rigorosos coa lexislación vixente e estendemos ese compromiso por medio dunha esixencia de certificación en RSE, a norma IQ NET SR 10. Esta certificación implica o cumprimento e compromiso cos requirimentos da norma en materia de rendición de contas, transparencia, comportamento ético, respecto aos grupos de interese, respecto ao principio de legalidade, respecto á normativa internacional de cumprimento e respecto aos dereitos humanos. Se desexa ampliar información, pode consultar a nosa Política de Responsabilidade Social e a análise de materialidade.
Igualmente, Clece comprométese coas persoas que forman parte da organización, por medio da norma EFR, a ofrecer medidas de conciliación adecuadas á súa cultura e marco de negocio, entendendo como tal a suficiente flexibilidade atendida pola empresa para cubrir as necesidades persoais e familiares das súas colaboradoras e colaboradores, en consonancia e equilibrio cos obxectivos da empresa..
A dirección e todo o cadro de persoal asumen o compromiso contido nesta declaración.