Social

Solucións pioneiras e orixinais

Somos unha compañía con propósito. Esforzámonos por achegar valor á cidadanía por medio da innovación social, é dicir, ideando solucións orixinais para responder a problemas serios, como o futuro dos coidados, a exclusión social, a discriminación, a España despoboada, o desemprego, a violencia de xénero ou a soidade non desexada.

Na procura desas solucións, expomos propostas dende unha perspectiva integral co fin de asegurar o éxito de cada iniciativa. Para iso, desempeña un papel fundamental a colaboración público-privada, así como as nosas alianzas con entidades do terceiro sector.

Esta aposta pola colaboración en rede impulsa a posta en marcha de proxectos conxuntos que contribúen a remediar algúns dos principais problemas sociais dos nosos días.

As nosas accións de innovación social apóianse nos seguintes alicerces:

Un modelo de xestión social que prioriza a prestación de servizos de calidade ás persoas usuarias e a protección das condicións laborais do persoal.

Unha cultura corporativa comprometida cos retos que debemos abordar como sociedade.

A colaboración en rede con entidades públicas e sociais mediante acordos para impulsar iniciativas conxuntas coas que remediar problemas sociais.

Os proxectos solidarios de Corazón y Manos, a nosa asociación sen ánimo de lucro declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior.

O impulso de proxectos de investigación, estudos e talleres propios ou en colaboración con universidades e institucións públicas e privadas.

CUIDADO EN RED (COIDADO EN REDE)

Como empresa comprometida coa saúde mental, Clece pon a disposición dos cadros de persoal de determinadas actividades un servizo gratuíto de apoio psicolóxico, prestado por expertos na materia, para contribuír ao seu equilibrio emocional.

RUTAS DEL EMPLEO (RUTAS DO EMPREGO)

Un autobús de Clece, a modo de oficina de emprego itinerante, percorre diversas zonas do país para achegar postos de traballo a miles de persoas que, por distintas circunstancias, teñen dificultades para acceder ao mercado laboral.

CLECE EMPLEA (CLECE EMPREGA)

Proceso de selección en liña orientado exclusivamente a persoas procedentes de colectivos vulnerables. En só dous días entrevistamos por videoconferencia a miles de persoas de toda España para cubrir postos de traballo en diversos sectores.

CORAZÓN Y MANOS

Esta ONG, creada a iniciativa do propio persoal de Clece, pon en marcha proxectos solidarios para axudar a persoas que están a atravesar situacións complicadas, co obxectivo de cubrir necesidades que lles permitan seguir adiante.

SABOREANDO recuerdos (SABOREANDO LEMBRANZAS)

Actividade en colaboración con administracións públicas para estimular a capacidade cognitiva e mitigar casos de soidade non desexada entre as persoas usuarias de residencias, centros de día e servizos de axuda a domicilio por medio da recuperación de receitas de cociña.

HUMANIZACIÓN DO SAD

Definición, co aval do Proxecto HUCI, do primeiro manual que recolle as boas prácticas que deben seguir as empresas que prestan Servizos de Axuda a Domicilio (SAD) para garantir unha atención humanizada a usuarios, familiares e profesionais do sector.

A VIOLENCIA EN PERSOAS MAIORES

Actividades de investigación e asesoramento científico-técnico xunto coa Universidade de Xaén para a elaboración do estudo «La violencia en las personas mayores» (A violencia nas persoas maiores), centrado especialmente nas mulleres usuarias do Servizo de Axuda a Domicilio.

FRI-HOUSING

Proxecto de investigación coa Universidade Pablo de Olavide, de Sevilla, para a identificación de vivendas «amables» para persoas con discapacidade intelectual ou cognitiva, co fin de facilitarlles unha independencia residencial que lles axude a acadar a plena inclusión social.

ENVELLECEMENTO SAUDABLE

Colaboración coa Universidade Carlos III e a Fundación Edad&Vida para dirixir un proxecto de análise de datos co obxectivo de promover o envellecemento saudable, adaptar os programas de atención individual das persoas maiores e incrementar a esperanza de vida.

SOIDADE NON DESEXADA

Proxecto levado a cabo xunto coa Universidade Politécnica de Valencia para a detección de posibles casos de soidade non desexada en persoas maiores e o impacto dos servizos de axuda a domicilio na súa mitigación.

FENDA DIXITAL

Participación en colaboración coa Universidade de Nebrija no proxecto europeo sobre dixitalización e persoas maiores, destinado a pór en marcha accións para eliminar a fenda dixital existente nesta parte da poboación.

VIVIR NA CASA

Participación neste proxecto da Universidade de Málaga e a Consellería de Inclusión Social, Mocidade, Familia e Igualdade da Xunta de Andalucía, cuxo obxectivo é impulsar un cambio de modelo de atención domiciliaria por medio dos últimos avances tecnolóxicos.

PROXECTO NUKA

Colaboración co Centro de Referencia Estatal de Atención a persoas con enfermidade de Alzheimer e outras demencias (CREA) do Imserso para analizar o impacto da intervención co robot social Nuka nos coidados a persoas maiores con deterioración cognitiva que viven en residencias.