Tecnolóxica
Tecnoloxía e mellora continua para ofrecer os mellores servizos
A procura de solucións tecnoloxicamente innovadoras e o desenvolvemento de proxectos avanzados son dúas das nosas marcas de identidade.
Co propósito de mellorar a xestión e a calidade dos nosos procesos e servizos, adoptamos e adaptamos os últimos avances tecnolóxicos ás diferentes áreas da nosa actividade: servizos sociais, limpeza, mantemento, medio ambiente, seguridade, entre outras. A computación na nube, a xestión baseada en datos, a Internet das cousas (IoT) e a Intelixencia Artificial (IA) son algunhas das tecnoloxías disruptivas nas que se basean as nosas propostas.
Así mesmo, unha das nosas vantaxes diferenciais é que contamos cun equipo propio de desenvolvedores que, traballando previamente nos distintos servizos que prestamos, coñece de primeira man as necesidades reais dos nosos clientes e persoas usuarias.
Tecnoloxía que humaniza
O Departamento de I+D+i de Clece centrouse nos últimos anos na aplicación de tecnoloxía disruptiva que optimiza o coidado das persoas, sobre todo persoas maiores e dependentes. Apostamos, así, por unha tecnoloxía que humaniza, aquela con potencial para aumentar a autonomía das persoas usuarias e mellorar a súa calidade de vida no seu propio domicilio ou nunha residencia.
Estas son algunhas das innovacións que empregamos para este fin:
ASISTENTES DE VOZ (ALEXA)
Altofalante intelixente con pantalla que conta con funcionalidades como reproducir música, facer chamadas, configurar alarmas e temporizadores, responder preguntas e xogar, entre outras moitas cousas.
ESSENCE
Sistema de monitorización de hábitos no domicilio grazas á utilización de sensores de presenza e intelixencia artificial.
LENTES DE REALIDADE VIRTUAL
Xeran proximidade coa contorna e contribúen a paliar o illamento de persoas que non poden saír ao exterior.
RELOXO SAFEFAMILY
Está dotado de GPS, permite realizar videochamadas, avisa de posibles caídas, envía recordatorios e monitoriza o estado de saúde, entre outras prestacións.
ROBOT SOCIAL NUKA
Utilízase como terapia non farmacolóxica para mellorar a calidade de vida das persoas maiores con alteracións neurolóxicas.
Solucións de limpeza avanzadas
A tecnoloxía e a dixitalización aplicadas ao sector da limpeza supuxeron unha revolución nos nosos servizos, tanto dende o punto de vista da eficiencia como o da sostibilidade e o respecto medioambiental.
As plataformas intelixentes para recoller e xestionar datos en tempo real, os robots e outros dispositivos autónomos permítennos ofrecer un servizo cada vez máis flexible, ademais de facilitar a vida cotiá das persoas traballadoras.
Xenex
Robot que utiliza unha tecnoloxía de desinfección con luz ultravioleta tipo C (UVC) de espectro completo, xerada mediante lámpada de gas xenon.
FREGADORAS AUTÓNOMAS
Máquinas sen condutor para a limpeza de chans, programadas e guiadas por medio dunha aplicación.
LIMPEZA CON DRONS
Limpeza de fachadas en altura con auga tratada por osmose.
LIMPEZA CON OZONO
Canóns que transforman o osíxeno en ozono como medio para desinfectar superficies e purificar o aire.
PRODUTOS LIMPADORES DE XERACIÓN IN SITU
Produtos desinfectantes 100 % ecolóxicos e sostibles, xerados baixo demanda e listos para usar.

Innovación ao servizo da seguridade
Tamén desenvolvemos solucións de protección e seguridade á medida. Dispomos neste eido dun sistema propio de xeolocalización en interiores que, entre outras cousas, ten como vantaxe que posibilita a xestión de emerxencias e de calquera tipo de incidencia en tempo récord.
Para obter máis información, visita a web de Clece Seguridad.