Prevención de riscos laborais
A creación dunha contorna que garanta a saúde e seguridade do persoal é unha máxima en Clece. Contamos cun plan de prevención onde se identifican, avalían, controlan e eliminan os posibles riscos laborais actuando desde a orixe. Así mesmo, este plan busca a mellora continua no desempeño da seguridade e saúde no traballo, minimizando a sinistralidade e incrementando o grao de satisfacción dos empregados.
En Clece cumprimos coa lexislación e regulamentación vixentes en materia de seguridade e saúde. Somos unha empresa certificada coa OHSAS 18001 Sistema de xestión da seguridade e saúde no traballo, aspecto chave para un correcto funcionamento do noso sistema de xestión da seguridade e saúde no traballo.
Cinco sectores prioritarios en Clece en materia preventiva.