Xestión do talento
En Clece ofrecémoslles aos profesionais unha contorna proactiva na que medrar e desenvolver a súa autonomía e capacitación para interactuar nunha diversidade de proxectos, actividades e sectores.
Acompañamos a persoa desde o principio cun plan de acollida que facilita a súa adaptación á cultura e procesos de Clece, e que lle permite unha mellor integración na dinámica de traballo.
Os profesionais en Clece contan con itinerarios formativos de capacitación e desenvolvemento, o que lles permite asumir novas responsabilidades con éxito e manterse ao día dos cambios tecnolóxicos e as innovacións, como parte do noso empeño pola mellora continua para seguir sendo referencia en cada sector.
En Clece contamos cun plan de igualdade de oportunidades que ten en conta as necesidades persoais, así como co desenvolvemento de programas avanzados de integración de colectivos vulnerables.