Política de Privacidade do Canal Ético

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?

Identidade: CLECE, S.A. (adiante, a “Compañía”)
CIF: A80364243
Enderezo Postal: Calle de Quintanavides, 19 Bloque 4 – Planta 1 y 2 (28050 –Madrid)
Teléfono: 91 745 91 00
Delegado de Protección de datos: Usted pode contactar co Delegado de Protección de Datos no correo electrónico rgpd-clece@clece.es

Con que finalidade e baixo que base lexitimadora tratamos os seus datos persoais?

Os datos serán tratados coa finalidade de xestionar as informacións relativas á comisión de irregularidades ou infraccións penais e administrativas graves ou moi graves ou actos contrarios á ética, a legalidade ou as normas corporativas da Compañía, así como de levar a cabo as actuacións necesarias para a investigación dos feitos denunciados, incluídas, no seu caso, as medidas disciplinarias ou legais que corresponderen.

Os datos serán tratados aplicando a máis estrita confidencialidade e non serán utilizados para unha finalidade distinta da indicada. En particular, en caso de identificación, garantirase a confidencialidade da persoa que puxese os feitos en coñecemento da Compañía.

Cál é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base xurídica do tratamento é o cumprimento da obriga legal da Compañía conforme a Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.

O tratamento dos seus datos persoais é estritamente necesario para xestionar a Canle Ética e dar cumprimento das mencionadas obrigas legais.

Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Os datos que sexan obxecto de tratamento conservaranse no sistema de información durante o tempo imprescindible para decidir sobre a procedencia de iniciar unha investigación sobre os feitos informados, así como para evidenciar o correcto funcionamento do sistema.

No entanto, atenderase en todo caso aos prazos dispostos na Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.

A que destinatarios comunicaremos os seus datos?

Os datos poderían comunicarse a outros destinatarios cando resultar necesario no marco da investigación duns feitos concretos, tales como investigadores ou detectives privados e asesores externos, así como avogados e procuradores para a tramitación dos procedementos sancionadores ou penais que, no seu caso, procedan.

Os datos tamén poderán ser comunicados ao Ministerio Fiscal, forzas e corpos de seguridade, así como a autoridades xudiciais e administrativas cando resulte pertinente ou necesario.

Cáles son os seus dereitos?

Pode solicitar á Compañía confirmación sobre se os seus datos persoais están a ser tratados no marco da xestión da Canle Ética e, en caso afirmativo, acceder e solicitar unha copia destes. Así mesmo, pode solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que se recolleron.

Teña en conta que, en todo caso, quedará excluído o dereito de acceso a identidade de calquera persoa informante ou outras terceiras implicadas. Tamén poderá limitarse o exercicio do dereito de acceso cando poida pór en perigo ou incidir, directa ou indirectamente, no curso dunha investigación.

Se a persoa á que se refiren os feitos relatados na comunicación ou á que se refire a revelación pública exercese o dereito de oposición, presumirase que, agás proba en contrario, existen motivos lexítimos imperiosos que lexitiman o tratamento dos seus datos persoais.

Para exercitar os citados dereitos, deberá dirixir unha comunicación escrita ou electrónica ás direccións de contacto facilitadas no primeiro epígrafe desta política.

Por último, informámolo do seu dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.