EDICIÓN IV. 2018
Co obxectivo de recoñecer publicamente o extraordinario labor que as entidades sociais e medios de comunicación están a realizar para axudar as persoas vítimas da violencia sexista e para promover a súa integración laboral, Clece convoca a Cuarta Edición dos Premios Compromiso.
Gañadores
Os gañadores da cuarta edición dos Premios Compromiso foron:
Premio Mellor Proxecto Social
Fundación Santa María La Real
Polo seu proxecto: «Emprego Muller de Castela e León»
Obxectivo: Promover a inserción sociolaboral e a mellora da empregabilidade de todas aquelas que se atopan en situación de especial vulnerabilidade.
Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL)
Polo seu proxecto: «Blíster, pílulas do coñecemento»
Obxectivo: Busca superar estereotipos de xénero e formar mulleres en áreas laborais non-asociadas tradicionalmente a elas, como electricidade, fontanaría, xardinaría…
Fundación Don Bosco
Polo seu proxecto: «Itinerarios integrados de inserción sociolaboral»
Obxectivo: Dirixido a mellorar a empregabilidade das vítimas, conta coa colaboración de 800 empresas inscritas na súa axencia de colocación.
Premio Mellor Traballo Xornalístico
Marisa Kohan
Xornalista do diario Público
Labor: Polo tratamento en profundidade e o seguimento continuado do problema a través do seu labor xornalístico.
Mellor Iniciativa de Sensibilización
«Tolerancia cero. Contra os malos tratos, a forza de todos»
Antena 3 Noticias e Fundación Mutua Madrileña
Tolerancia Cero pon o foco na importancia de denunciar e facer visible os malos tratos, non só por parte da vítima, senón tamén por parte da súa contorna familiar e de amizades.
Mencións especiais
María José Garrido Antón
Capitá da Garda Civil
Labor: A súa traxectoria estivo estreitamente relacionada coa protección das vítimas e a ela débese a elaboración en 2011 da Guía de primeiros auxilios psicolóxicos en violencia de xénero.
Asociación Candelita e Fundación ARED
Labor: Pola súa colaboración con Clece na integración laboral no último ano.