Coa cidadanía
Un baremo fundamental do benestar dunha sociedade é a cobertura e calidade dos seus servizos públicos, actividades que cando se planifican e executan pensando na cidadanía e baixo criterios de eficacia e eficiencia contribúen a mellorar a súa utilidade e percepción.
Desde hai anos, en Clece colaboramos estreitamente coas distintas administracións (locais, rexionais e estatais) para desenvolver e mellorar os servizos públicos, desde os relacionados co coidado e mantemento de espazos e edificios públicos, até prestacións sociais fundamentais, como a educación e a atención sociosanitaria, pasando pola seguridade cidadá e os servizos aeroportuarios.
Estes servizos non só teñen que prestarse baixo altos criterios técnicos, senón tamén tendo en conta aspectos sociais, apostando por medidas de empregabilidade e integración de colectivos vulnerables.