Aeroportuarios

A excelencia do servizo en aeroportos e aeronaves

Clece está presente no sector aeroportuario dende hai máis de 20 anos por medio da nosa filial Multiservicios Aeroportuarios, unha das empresas máis consolidadas e con maior especialización do sector que ocupa unha posición de liderado grazas, entre outras cousas, a unha aposta pola innovación continua que nos levou a ser pioneiros na xestión dixital das operacións do servizo (mobilidade autónoma, algoritmos de optimización de procesos etc.). O persoal da compañía conta cun nivel de coñecementos e experiencia grazas ao que consegue cumprir co noso principal obxectivo: ofrecer a excelencia no servizo en máis de 40 aeroportos de España, Reino Unido e Portugal.

TIPOS DE SERVIZO

SERVIZOS A PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA (PMR)

Un servizo gratuíto de asistencia a persoas con mobilidade reducida para que poidan utilizar o transporte aéreo da mesma forma que outros viaxeiros, aínda que teñan unha discapacidade ou problemas de mobilidade. O servizo vai dende a recepción ao chegar ao aeroporto pasando pola xestión de equipaxes en facturación, e o acompañamento nos percorridos polo aeroporto, até o embarque ou o desembarque no aeroporto de destino e a axuda tanto na recollida de equipaxes como no acceso dende a terminal até o punto de encontro fixado polo pasaxeiro.

TRANSPORTE DE CARGA ENTRE TERMINAIS

Este servizo préstase durante o tempo de escala das rutas e inclúe a descarga das aeronaves á súa chegada e a súa carga á saída. O transporte pode ser de carga en contedores ou de carga a granel e o desprazamento prodúcese dende a aeronave até a terminal de carga e viceversa. Para este labor empréganse camións de 2 e 3 eixes, camións frigorífico e furgonetas.

MANTEMENTO AERONÁUTICO

A limpeza técnica é un dos labores máis importantes de mantemento que levamos a cabo dentro do taller de motores do cliente. Este servizo consiste en limpar todas e cada unha das partes do motor do avión por medio de procesos químicos e mecánicos.

LIMPEZA INTERIOR E EXTERIOR DE AERONAVES

A limpeza da cabina de pasaxeiros e a cabina de voo ou cockpit efectúase contra o reloxo, mais coa maior eficacia, para que a aeronave estea lista para a seguinte engalaxe canto antes. Cando o avión fica máis tempo en terra lévase a cabo unha limpeza exhaustiva de todos os elementos interiores. En canto á parte exterior dos avións, contamos con medios técnicos avanzados e persoal axeitadamente formado para realizar os traballos de limpeza.

OUTROS

Realizamos a rodaxe de avións, que consiste en preparar dende a cabina de voo as aeronaves situadas na plataforma para que sexan remolcadas dun punto a outro da pista. Tamén asistimos na posta en marcha do avión (comprobación de rexistros e controis de seguridade do aparello). Así mesmo, efectuamos o mantemento de instalacións e infraestruturas.

Filiais

Visita as webs das nosas filiais para obter máis información:

LIGAZÓNS DE INTERESE

Innovación tecnolóxica e social

Traballa connosco