Na nosa sociedade existen miles de persoas en situación de vulnerabilidade: persoas con discapacidade, mulleres vítimas da violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social…, mulleres e homes que precisan avanzar no seu desenvolvemento individual para poderen acadar unha completa autonomía persoal e integración social.
A través dun equipo humano multidisciplinar e en estreita colaboración coas administracións públicas, en Clece xestionamos centros especializados para axudar a estes colectivos a integrarse e a desenvolverse social e laboralmente. O noso fin último é mellorar a calidade de vida destas persoas e, na medida do posible, ofrecerlles tamén unha saída laboral na nosa empresa, contribuíndo así á súa completa inclusión social.
Os nosos servizos sociais contan coa certificación de seguridade da información ISO 27001.
grao de satisfacción de usuarios e clientes