Mantemento
Orientación ao cliente e innovación
Clece conta cunha extensa traxectoria de máis de 30 anos en servizos de mantemento. A súa filial, Clece Facility Services, leva a cabo traballos de mantemento integral, eficiencia enerxética, xestión de centros deportivos e facility services.
TIPOS DE SERVIZO
MANTEMENTO INTEGRAL
Aplicamos unha metodoloxía baseada na análise e estandarización dos procesos que interveñen na cadea de valor dos servizos que prestamos, co que melloramos a súa calidade, efectividade e rendibilidade durante o ciclo de vida dos activos. Décadas de experiencia avalan o noso desempeño no mantemento de instalacións eléctricas e de protección contra incendios, en labores de regulación e control e mais na enxeñaría de mantemento, entre outros servizos.
SERVIZOS ENERXÉTICOS
Clece Facility Services desenvolve proxectos de explotación enerxética, incluída a compra de enerxía primaria e a medición e verificación de aforros. Estes proxectos abarcan dende auditorías previas e auditorías até a dirección, execución e investimentos destinados á implantación de medidas de aforro enerxético (MAE). Ademais, encóntrase acreditada como suxeito delegado para a xestión dos Certificados de Aforro Enerxético (CAE).
XESTIÓN DE CENTROS DEPORTIVOS
Estamos especializados na xestión integral de instalacións deportivas, co foco posto na dirección e organización de programas deportivos (asesoramento, adestramento persoal, actividades dirixidas e de práctica libre etc.). Así mesmo, mantemos e conservamos equipamentos e instalacións e ocupámonos da súa xestión enerxética, a atención ao público e a seguridade dos establecementos.
FACILITY SERVICES
O servizo ofrecido ás empresas apóiase no amplo coñecemento da cultura e os obxectivos de cada cliente. A xestión dos servizos baséase tanto nas necesidades do propio cliente como nas mellores prestacións tecnolóxicas. Dispor da correcta información en tempo e forma facilita o correcto soporte para a toma de decisións máis estratéxicas.