Medioambientais

A contorna natural, a nosa clienta

Coidamos da contorna natural por medio da nosa filial Talher. Consonte o compromiso da compañía co desenvolvemento sostible da sociedade, traballamos na preservación de diferentes espazos, como bosques, praias ou parques, respectando as súas características e promovendo a conservación da súa fauna e flora.

O labor do noso equipo de profesionais altamente cualificados susténtase no coñecemento adquirido mediante unha formación continua e nunha ampla experiencia, o que nos permite ofrecer aos nosos clientes solucións innovadoras que fomentan a calidade e eficacia dos proxectos. En cada un dos servizos que xestionamos promovemos, ademais, accións de sensibilización para fomentar entre a cidadanía unha maior conciencia ambiental.

TIPOS DE SERVIZO

SERVIZOS URBANOS

Realizamos o mantemento de zonas verdes, áreas de lecer e diferentes infraestruturas (vías urbanas, liñas de ferrocarril, estradas, fontes, praias…) de forma responsable co medio ambiente.

SERVIZOS FORESTAIS

Somos expertos na xestión forestal. Efectuamos traballos de diversa índole dirixidos á conservación e recuperación dos nosos bosques, como a prevención de incendios ou o mantemento de infraestruturas localizadas nestas áreas naturais.

EDUCACIÓN AMBIENTAL

Desenvolvemos programas de educación ambiental e científica. Ademais, deseñamos campañas e accións puntuais de sensibilización (charlas, talleres, debates…) para promover o cambio de hábitos cara á sostibilidade.

XESTIÓN TURÍSTICA E CULTURAL

Xestionamos servizos integrais de atención e información turística e programas de divulgación artística e cultural relacionada con museos e exposicións co obxectivo de promover o noso patrimonio cultural, natural e social.

Filial

Visita a web da nosa filial para obter máis información:

LIGAZÓNS DE INTERESE

Innovación tecnolóxica e social

Traballa connosco