Outros

Actividades complementarias

Ademais dos servizos que conforman o núcleo da nosa actividade, en Clece contamos cunha oferta adicional deseñada para achegar un valor engadido ao cliente.

Con este catálogo de servizos complementarios, cubrimos unha variedade de necesidades que poden xurdir durante o transcurso de determinados proxectos: dende a xestión dun almacén ou o transporte de mercadorías até a posta en marcha dunha campaña de comunicación para promover un lanzamento.

Entendemos que cada cliente ten uns requirimentos únicos e, por iso, pomos á súa disposición este catálogo adicional, xestionado por profesionais con ampla experiencia nos seus respectivos campos.

TIPOS DE SERVIZO

LOXÍSTICA

As nosas solucións á medida para xestionar procesos de produción e cadeas de subministración conseguen optimizar custos, diminuír riscos e mellorar os índices de calidade.

XESTIÓN CULTURAL

Cubrimos todas as necesidades das artes escénicas: produción e representación, xestión de espazos e comercialización de espectáculos

MERCADOTECNIA ESPECTACULAR

Comercialización de espazos publicitarios nos principais intercambiadores de transporte de Madrid por medio de circuítos de pantallas dixitais de gran formato, mupis dixitais e mercadotecnia espectacular.

Filiais

Visita as webs das nosas filiais para obter máis información:

LIGAZÓNS DE INTERESE

Innovación tecnolóxica e social

Traballa connosco