Intervención social

Resposta inmediata a emerxencias sociais

Os nosos servizos de emerxencia e atención a persoas en situación de exclusión social funcionan as 24 horas, os 365 días do ano. O seu obxectivo é asistir a persoas que se atopan en situación de desamparo ou de crise, e que non teñen capacidade para facer fronte a esta condición por si mesmas.

Esta prestación esixe intervención inmediata por parte dos nosos equipos, que se caracterizan pola súa alta vocación de servizo e a súa sensibilidade no trato cara ás persoas que atenden, para previr circunstancias de maior gravidade e evitar así procesos de vulnerabilidade ou de exclusión.

Estes servizos abranguen dende a detección das devanditas situacións para ofrecer axuda até solucións habitacionais temporais, centros de acollida municipais e pisos tutelados.

Emerxencia social

Atención as 24 horas, os 365 días do ano, a persoas que se atopan en situación de desamparo ou de crise que non son quen de afrontalos e ante as que hai que intervir de maneira inmediata para evitar circunstancias de maior gravidade.

Atención a mulleres que sufriron violencia de xénero

Orientados a coidar ás mulleres que forman parte deste colectivo, os nosos servizos abarcan diferentes prestacións: dende atención telefónica até centros de acollida para proporcionarlles aloxamento temporal, manutención e un tratamento integral de recuperación, incluída atención psicosocial e asesoramento xurídico.

Atención a persoas sen fogar

Proporcionamos servizos destinados a coidar as persoas que viven na rúa: dende detección de situacións de desamparo ou de crise para ofrecer axuda até intervención en caso de emerxencia social, pasando por solucións habitacionais temporais, centros de acollida municipais e pisos tutelados.

Filiais

Visita as webs das nosas filiais para obter máis información:

LIGAZÓNS DE INTERESE

Innovación tecnolóxica e social

Traballa connosco