Social

Por unha sociedade máis xusta e inclusiva

En Clece entendemos o compromiso social como unha parte fundamental do progreso sostible que debe marcar a nosa actividade diaria. Por iso, esforzámonos por impactar de maneira positiva en todas as comunidades coas que interactuamos directa e indirectamente.

Neste sentido, non só cumprimos de maneira exhaustiva con todas as nosas obrigas como empresa en materia de dereitos laborais e saúde e seguridade no traballo, senón que imos alén disto coa posta en marcha de medidas que contribúen a promover unha sociedade máis xusta, inclusiva e igualitaria. Cremos firmemente en que a igualdade de oportunidades é chave para que ninguén quede atrás.

+ de 12%

DO CADRO DE PERSOAL PROCEDE DE COLECTIVOS DESFAVORECIDOS

Dende o noso nacemento caracterizámonos por unha forte vocación social. E non só iso, senón que ademais en 2012 decidimos afondar neste compromiso e tomamos o pulso á sociedade para saber que era o que esperaba dunha empresa como Clece. E foi a propia sociedade, coas súas respostas, a que nos mostrou o camiño que debiamos seguir para afianzar o noso proxecto social. Aquel exercicio de escoita activa corroborou o noso compromiso de devolver á sociedade o que a propia sociedade nos confía que fagamos como servidor público.

Dende o noso papel como prestadores de servizos públicos esenciais, sentimos a obriga de responder ás demandas da cidadanía e atender as súas peticións, entre as que destacan a dignificación das persoas traballadoras que prestan servizos da Administración Pública e a igualdade de oportunidades para as que buscan un emprego.

O alicerce fundamental do noso proxecto social é a inclusión laboral de persoas procedentes de colectivos desfavorecidos: mulleres que sofren ou sufriron violencia, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social. Porén, este compromiso tradúcese tamén na posta en práctica doutras medidas, entre as que destacan:

  • A aprobación do Plan de Igualdade de Clece.
  • O noso catálogo de medidas de conciliación e o certificado EFR da Fundación Másfamilia como Empresa Familiarmente Responsable.
  • A definición de protocolos contra o acoso laboral e o acoso sexual ou por razón de sexo.
  • A configuración de mapas de riscos de vulneración de dereitos humanos en todas as nosas actividades.
  • O establecemento de medidas de Prevención de Riscos Laborais (PRL) para garantir a seguridade e saúde no traballo.
  • A continua formación e capacitación do persoal mediante programas de desenvolvemento profesional.
  • A nosa adhesión á Rede Española do Pacto Mundial, coa que recoñecemos o noso compromiso cos 10 Principios desta iniciativa, que promoven a Responsabilidade Social Empresarial e o desenvolvemento sostible no mundo.

Eixes de actuación

Clece articula as súas medidas de sostibilidade social ao redor de dous eixes de actuación: integración e sensibilización. As distintas actuacións que levamos a cabo neste ámbito enmárcanse nos devanditos eixes e buscan achegar beneficios directos e indirectos a diferentes colectivos.

Integración

  • Convenios de colaboración con entidades sociais para a intermediación de perfís de persoas procedentes de colectivos desfavorecidos.
  • Acordos con administracións públicas para a inclusión laboral dos devanditos colectivos.

Sensibilización

  • Organización de foros e coloquios para concienciar sobre os retos que nos incumben como sociedade.
  • Participación do cadro de persoal de Clece en campañas solidarias relacionadas con distintas causas sociais.