11-Novembro-2016

Cavall de Cartró, Ndavant e Talher reciben o distintivo «Etiqueta Responsable»

Cavall de Cartró, Ndavant e Talher recibiron o distintivo Etiqueta Responsable en recoñecemento á súa boa actuación nos eidos económico, social e ambiental. A entrega tivo lugar na 7.ª Semana da Responsabilidade Social de Cataluña, promovida por Ingeniería Social SAL e a asociación +Responsables. Con máis de 300 asistentes, o evento celebrouse no Palau Macaya do 19 ao 22 de outubro.

Elena López, socia e directora de Ingeniería Social e presidenta da asociación +Responsables; Àngels Cuadrada da Generalitat de Cataluña, Rosa Serra da Deputación de Barcelona, Francisco Blanco do Concello de Barcelona e Jaume Farré da fundación bancaria La Caixa foron os encargados de entregar os distintivos ás 30 empresas e entidades galardoadas nesta edición. Montse Mesas, coordinadora do proxecto social; Rosa Llamas, xefa de RR. HH. e delegada social, e David Gómez, xerente, recolleron o distintivo en nome de Cavall de Cartró, Ndavant e Talher, respectivamente.

A Etiqueta Responsable pon en valor aquelas empresas e organizacións que apostan por unha xestión con valores nos eidos económico, social e ambiental. Para acceder ao distintivo, as empresas e organizacións deben reflectir os seus 10+1 compromisos nos devanditos eidos e superar un proceso de validación de boas prácticas. Ten unha validez de tres anos durante os cales a asociación +Responsables realiza verificacións de que se cumpran as boas prácticas descritas.

etiqueta-responsable-ndavant

etiqueta-responsable-talher

etiqueta-responsable-cavallcartro

ACTUALIDAD

Últimas noticias

Clece conmemora con numerosas actividades o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.

Declaración oficial sobre a información publicada respecto ao servizo no Palacio Real

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.

ADRA CELEBRA EN GRANDE O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit.