Equipo humano

Construímos un futuro mellor

Clece é sinónimo de compromiso social, inclusión laboral, innovación tecnolóxica, respecto ao medio ambiente, sostibilidade, comportamento ético, orientación ao cliente, transparencia e outros moitos valores presentes en toda a nosa actividade.

A aplicación destes valores por parte do noso equipo humano contribúe cada día a construír un futuro mellor, a xerar unha sociedade máis xusta e igualitaria e ao progreso sostible das contornas nas que estamos presentes.

O noso cadro de persoal, caracterizado polo seu alto grao de especialización, esfórzase por achegar valor á cidadanía en diferentes sectores como os da limpeza e o mantemento, o educativo, o medio ambiente ou os servizos sociais, un ámbito no que destacan os coidados a persoas maiores ou en situación de dependencia, ben no domicilio, ben en centros residenciais.

+ de 89.500

PROFESIONAIS

Traballa connosco

Queres unirte ao noso equipo? Visita a nosa sección de Emprego e coñece todo o que podemos ofrecerche. Estámoste a buscar!

FORMACIÓN

A xestión do talento e o crecemento profesional son pezas chave da nosa estratexia empresarial e de mellora continua. As nosas persoas traballadoras contan con itinerarios formativos de desenvolvemento e capacitación que lles permiten manterse ao día nos avances tecnolóxicos.

PREVENCIÓN

En Clece cumprimos coa lexislación e regulamentación vixente en materia de seguridade e saúde no traballo. Contamos cun Plan de Prevención no que se identifican, avalían, controlan e eliminan os posibles riscos laborais, para minimizar así a sinistralidade e incrementar o grao de satisfacción do cadro de persoal.

Declaración de igualdad

Conscientes de que la gestión empresarial tiene que responder a las necesidades y demandas de la sociedad, Clece declara su compromiso con la igualdad efectiva entre mujeres y hombres en el seno de la compañía.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Integridade e conduta

Descubre onde estamos