
INTEGRIDADE E CONDUTA
Ética e transparencia, a nosa cultura corporativa
Clece dispón dun Código Ético que recolle os nosos principios, valores, normas xerais de conduta e directrices de actuación esixibles a todas as persoas que integran a compañía.
Co obxectivo de garantir que todas elas se adapten ás devanditas pautas, está habilitada unha Canle Ética (Sistema Interno de Información) por medio do cal os diferentes grupos de interese cos que interactuamos (persoas traballadoras, clientes, provedores etc.), poden dirixir as súas comunicacións relativas a condutas susceptibles de xerar incumprimentos ou vulneracións da normativa vixente, consonte ás disposicións da Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción («Lei de Protección ao Informante»).
Canle Ética (Sistema Interno de Información)
En CLECE, implementamos de forma efectiva un Sistema de Xestión de Cumprimento (Compliance) que garante que actuamos conforme á lexislación vixente, no marco dunha conduta eticamente irreprochábel. A nosa Canle Ética (Sistema Interno de Información) constitúe unha das principais ferramentas deste sistema de cumprimento.
O obxectivo desta canle interna é recibir e tramitar eficazmente as comunicacións relacionadas cos comportamentos que vulneran os principios contemplados no noso Código Ético e no resto de documentos esenciais que conforman o noso Sistema de Xestión de Cumprimento, así como a normativa vixente de aplicación, tal e como establece a Lei de Protección ao Informante.
Para facilitar o seu coñecemento e uso, a nosa Política de Funcionamento da Canle Ética está a disposición de calquera persoa que pretenda comunicar de boa fe unha posible infracción nun contexto profesional con CLECE.
A información que nos proporcione será xestionada de forma totalmente confidencial e anónima – se así o desexa –, e ten o noso compromiso de que os seus comentarios serán tidos en conta.
CLECE garante a protección contra represalias, considerando como tal calquera acción ou omisión que poida prexudicar a unha persoa que comunique de boa fe, a través da Canle Ética, as posibles infraccións que se mencionan no seguinte epígrafe.
De que se pode informar a través da Canle Ética?
Información sobre infraccións ou incumprimentos nun sentido amplo, isto é, sospeitas razoables, infraccións reais ou potenciais que se produciron ou que sexa probable que se produzan. A comunicación debe efectuarse sempre de boa fe e co maior grao de detalle e probas posibles.
A título ilustrativo, e sen prexuízo do contido na Política de Funcionamento da Canle Ética, a continuación, indícanse algunhas das posibles temáticas obxecto de comunicación, conforme ás disposicións da Lei 2/2023:
- Casos de suborno e corrupción.
- Condutas que atenten contra a saúde e a seguridade no traballo.
- Conflitos de intereses en calquera acción relacionada co desenvolvemento profesional.
- Condutas discriminatorias.
- Acoso sexual, por razón de sexo, identidade sexual e acoso laboral.
- Fraudes internas.
- Supostos de competencia desleal.
- Incumprimentos en materia de defensa da competencia.
- Condutas que atenten contra a saúde e seguridade dos nosos usuarios.
As queixas e reclamacións relacionadas, por exemplo, coa calidade do servizo, deben realizarse de maneira diferenciada, no apartado «Contacto: Queixas/Reclamacións» desta páxina web.
Que canles existen para comunicar unha posible conduta irregular?
Sen prexuízo doutras canles recollidas na Política de Funcionamento da Canle Ética, recomendamos que realice a súa comunicación, pola súa maior seguridade e confidencialidade, así como pola posibilidade da súa presentación anónima – se así o desexa –, a través da canle dixital.
Pode acceder á devandita canle dixital premendo AQUÍ, e a través da liña de teléfono +34 900958058 (PIN ou número identificativo da empresa: 6719).
Teléfono | PIN |
---|---|
+34 900958058 | 6719 |
Quen tratará a información comunicada?
É importante que saiba que a información contida na súa comunicación, incluídos os datos de carácter persoal, poderá ser tratada ou trasladada ás seguintes partes, cando se estime necesario:
- Membros da Unidade Técnica de Cumprimento de CLECE, así como do Comité de Compliance (órgano de cumprimento) da compañía.
- Representantes autorizados da compañía que interveñan na investigación se a natureza ou o alcance dos feitos comunicados require a súa participación.
- Calquera investigador, asesor ou conselleiro externo que sexa contratado para apoiar á compañía na análise da comunicación, na investigación do asunto ou para asesorar á organización sobre temas relacionados coas devanditas cuestións.
- A policía e/ou outras autoridades públicas competentes e reguladoras de acordo coa Lei.
Por favor, non esqueza ler a nosa Política de Privacidade da Canle Ética. Tamén dispón de información relativa á protección de datos na propia Política de Funcionamento da Canle Ética.
Descargas

CÓDIGO ÉTICO
Descargar en PDF

POLÍTICA DE PREVENCIÓN DE RISCOS PENAIS E ANTISUBORNO
Descargar en PDF

PRINCIPIOS REITORES DE PREVENCIÓN DA RESPONSABILIDADE PENAL, ANTISUBORNO E DEFENSA DA COMPETENCIA
Descargar en PDF

POLITICA DE FUNCIONAMIENTO
Descargar en PDF

POLÍTICA DE CUMPRIMENTO EN MATERIA DE COMPETENCIA
Descargar en PDF