Milleiros de persoas enfróntanse a diario a impedimentos de orixe, xénero ou condición no seu acceso ao mercado de traballo, barreiras responsables da exclusión e a desigualdade social. Trátase dun mapa complexo e multidimensional no que o emprego inflúe de maneira determinante. O proxecto social de Clece diríxese a catro colectivos en concreto: persoas con diversidade funcional, vítimas da violencia de xénero, persoas en risco ou situación de exclusión e xente nova en situación de desemprego.
O emprego é, en moitas ocasións, unha vía para reducir a súa situación de vulnerabilidade. Con solucións adaptadas a cada realidade, Clece integra no seu cadro de persoal 5715 persoas con diversidade funcional, un 4 % máis ca no último ano. Impulsada polo «Proxecto 139», tamén se incrementou a contratación de mulleres vítimas da violencia sexista, chegando ás 235 traballadoras deste colectivo, un 47,7 % máis respecto ao último período. Os traballadores en risco ou situación de exclusión ascenderon un 19,6 % chegando aos 823 empregados. Por último, a contratación de xente nova en desemprego tamén medrou, un 4,7 %, chegando aos 1211 empregados.