En novembro de 2017 xurdía o «Proxecto 139» pondo nome ao compromiso de Clece de contratar 139 mulleres vítimas da violencia sexista nun ano. O anuncio tivo lugar na gala dos III Premios Compromiso dedicados, precisamente, a recoñecer proxectos destacados contra a violencia de xénero.
Por que 139? O número «139» é unha cifra simbólica: coincide co número de candidaturas que optaron aos galardóns. Grazas ao esforzo realizado e á colaboración con institucións e entidades sociais, o obxectivo inicial cumpriuse nun prazo de tan só nove meses, superando todas as expectativas.
O «Proxecto 139» supuxo un significativo impulso na integración deste colectivo e son xa 235 as mulleres vítimas da violencia de xénero as que traballan en Clece, un 47,7 % máis ca o ano pasado.